O conxunto de sobreiras de San Roque do Concello de Tomiño acaba de ser incorporado ao Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia, un rexistro público dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda no que figuran todas aquelas árbores e formacións que merecen unha...

O sábado 25 de novembro ás 21.00 h no auditorio de Goián con entrada de balde Un misterioso asasinato, un ambiente sórdido, un interrogatorio interminable. Eses son os alicientes de ‘1888. A señorita Xulia’, unha orixinal proposta de Estudio Momento que ofrece ao público unha visión...

O sábado 25 de novembro a Praza do Seixo acollerá a declaración institucional e unha concentración cidadá Concienciar á veciñanza e traballar a prol da igualdade para previr a violencia de xénero e crear unha sociedade máis xusta. Ese é o obxectivo da programación que o...

A mocidade tomiñesa continúa a traballar a prol da infancia e adolescencia de toda Galicia. Cinco integrantes do Consello da Infancia e Adolescencia de Tomiño, ‘Voces Novas’, participaron esta fin de semana no Carballiño no III Encontro Galego de Consellos Locais de Participación Infantil e...

O Concello de Tomiño conseguiu unha subvención de 380.721,48 € da Deputación de Pontevedra para o pago dunha parte do gasto do alumeado público e recollida de lixo. Dende principios do ano 2022 produciuse un importante incremento dos gastos en alumeado público, como consecuencia dos elevados...

Xa está aberto o prazo para inscribirse a través da web municipal O Concello de Tomiño continúa camiñando cara á igualdade e a erradicación da violencia de xénero cunha ampla variedade de actividades coa que conmemorar o 25N. Dentro deste programa, porá en marcha dous talleres...

O Concello de Tomiño investirá máis de 35.000 euros nas seis actividades extraescolares organizadas para este curso 2023-2023, nas que xa están a participar máis de 220 nenos e nenas de todos os niveis educativos e de todos os centros do municipio. As familias, a...

Contribuír a erradicar a violencia de xénero, fomentar a prevención, promover a igualdade e realizar actividades que faciliten a confianza e seguridade persoal. Eses son os obxectivos dos dous cursos de autodefensa por e para mulleres que porá en marcha o Concello de Tomiño este...

Tomiño celebra o día da patroa da música por todo o alto. A Agrupación Musical de Goián subirase ao escenario este sábado 18 de novembro para ofrecer ao público un concerto de Santa Icía diferente: un espectáculo de teatro musical no que integrantes da propia...