08 Set O Programa “Cos Pés na Terra” da Escola EU Rural continúa con actividades sobre solos, podas e variedades de especies froiteiras A "Escola EU Rural" conta con financiación de fondos FEADER, e colaboran Concello de Tomiño e ACUBAM
Continúan durante todo este mes de setembro as actividades informativas e demostrativas que a Asociación de Desenvolvemento EU Rural promove a través do Programa formativo “Cos pés na Terra”, centradas no sector agrario. Actualmente 20 alumnos e alumnas están a cursar en Tomiño e O Rosal...