O Concello de Tomiño recibiu onte a visita do equipo técnico dos PROXECTOS SMART MIÑO E VISIT RIO MINHO da Deputación de Pontevedra, co fin de potenciar a cooperación transfronteiriza. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González,  faloulles da Axenda Estratéxica de Cooperación Cerveira-Tomiño, e doutras...

A práctica de ioga reuniu a máis de trinta alumnos, alumnas e profesoras da comarca a carón do río Miño, en Goián, para celebrar o Día internacional do Ioga. Organizado polo Centro de Yoga Almiña de Goián, a clase conxunta correu a cargo da directora do...

O grupo de voluntariado do Concello de Tomiño organiza un CLUB DE LECTURA ADOLESCENTE. A actividade, gratuíta, inaugurarase o vindeiro sábado, 30 de xuño, ás 10.00h no Mercado Municipal de Tomiño. A partir de alí, a actividade  vai ter lugar todos os sábados (cada 15 días)...

No arquivo que se xunta pode consultar o texto completo da resolución que contén a listaxe de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de 2 persoas traballadoras forestais, o nomeamento do tribunal, o lugar, data e hora das probas e a corrección de erros...

A Deputación de Pontevedra vén de adxudicar á empresa Construcciones, Obras y Viales SA (COVSA) a construción das obras da nova avenida variante de Tomiño que servirá para retirar o tráfico de paso do núcleo da vila. O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explicou que...

En xuño de 1998 presentábase oficialmente a banda de Goián na Praza da parroquia. Este mes cómprense 20 anos e van celebralo cunha XORNADA DE CONVIVENCIA con todas as persoas que o desexen; en especial, con aquelas que estiveron nalgún momento na banda ou na escola...

 A Alcaldesa e a Concelleira de Medio Ambiente foron as encargadas de comunicar as experiencias no Concello de Tomiño O Concello de Tomiño foi escollido pola Fegamp xunto co Concello de Abegondo á nivel galego para explicar as xestións levadas a cabo en materia de auga...

O Concello de Tomiño ven de aprobar no pleno ordinario do 24 de maio a incorporación no inventario municipal de varias parcelas procedentes do Fondo de terras que xestiona Agader a través do Bantegal. Trátase de 10 parcelas localizadas nas parroquias de Goián e Figueiró...