Unha ducia de persoas dedicaron esta semana varias horas do seu tempo libre a limpar a ribeira do Miño ao seu paso por Tomiño. A actividade de interese medioambiental “Recollida de lixo en Kayak”, contou coa organización do Grupo de Voluntariado, desenvolvéndose entre as 11...

Este xoves, 12 de xullo, comezan as Rutas de Artes e Oficios 2018; unha das numerosas actividades de verán organizadas polo Concello de Tomiño dende a Aula-Museo Antonio Fernández de Goián. Tomiño é terra de artistas, pintores, escultores, ceramistas e un longo etcétera. Facéndose eco desta...

  O río Miño será o protagonista dun dos proxectos gañadores do Orzamento Participativo Transfronteirizo 2018 A Asociación de persoas con discapacidade Vontade de Tomiño organiza, durante o mes de xullo, actividades de turismo e deporte inclusivo. O pantalán adaptado de Goián, no Espazo Fortaleza, será o...

Iniciase a semana de cursos e concertos de clarinete no auditorio de Goián Este luns deu comezo o curso de clarinetes impartido polo grupo internacional Roots4Clarinets do que forma parte Noelia Carrera, tamén compoñente da Agrupación Musical de Goián. Kúmbal, grupo de música folk, ofreceu este luns...

Dende onte podemos ver a exposición Rutas Artes e Oficios 2017 en Goián. Aproveitando as festas parroquiais, propoñemos un percorrido polas obras e biografía d@s artistas Eulalia Jackson, Leandro, Magín Picallo, Fundición Arte Bronce e Carlos Fernández. Para todos os públicos, na Aula Museo Antonio Fernández...

Os alcaldes de Vila Nova de Cerveira e Tomiño, Fernando Nogueira e Sandra González, respectivamente, foron os convidados do segundo día do IV Encontro Ibérico de Democracia e Orzamentos Participativos, celebrado na Coruña, entre 4 e 6 de xullo. O Orzamento Participativo Transfronteirizo Cerveira-Tomiño foi...

O vindeiro domingo, 8 de xullo, a partir das 16.30 horas, a Praza Pintor Antonio Fernández (parroquia de Goián), acollerá a segunda edición do Torneo de Xadrez Festas de Goián, organizado pola Asociación Albatros de A Guarda, coa colaboración do Concello de Tomiño e Comisión...

O Concello de Tomiño organiza a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) unhas XORNADAS DE FOMENTO DO EMPRENDEMENTO, que terán lugar en Tomiño do 18 ao 21 de setembro de 2018. - Xornadas destinadas á mocidade de 16 a 35/40 anos, estea desempregada ou...

Un centenar de nenos e nenas acoden dende esta semana ao campamento urbano organizado polo Concello de Tomiño, dentro das actividades de verán.   Todas as mañás, de 9 a 14 horas, debuxan, aprenden, fan manualidades, xogos cooperativos e un longo etcétera. Divididos en dous grupos, por idades...

Pode consultar no arquivo que se xunta o texto completo do edicto que contén os resultados finais do procedemento selectivo levado a cabo no Concello de Tomiño entre beneficiarios da prestación Risga para seleccionar un Peón da construción e 4 Peóns de xardinería. Edicto Risgas...