Máis de 150 rapaces e rapazas de Tomiño competirán este sábado 18 de novembro na carreira ‘Campo a través de Soutelo’, unha proba organizada pola Agrupación Deportiva Baixo Miño que nesta edición se celebrará na Área Deportiva O Borralliño, en Soutelo, no concello de Salceda...

Tomiño segue a avogar pola reciclaxe. O Concello vén de renovar e ampliar os contedores de recollida de aceite colocados en distintos puntos da vila, colectores que empregan un novo sistema de reciclaxe no que o aceite se deposita en botellas de plástico reutilizadas e...

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, acaba de asinar o protocolo de adhesión do concello tomiñés á campaña de sensibilización ‘En negro contra as violencias’, unha iniciativa que co gallo do 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, tinguirá...

O Concello de Tomiño, en colaboración co Servizo Provincial de Costas de Pontevedra, acaba de colocar unha pasarela sobre o río Pego, o que permitirá darlle continuidade á actual senda polo río Miño e perfilar o futuro sendeiro que permitirá comunicar a vila con Tui. Cun...

O Concello de Tomiño vén de comezar novas obras no Mercado Municipal para o acondicionamento das súas instalacións, motivo que obrigará a pechar o primeiro andar da praza de abastos todas as tardes ata o vindeiro venres 17 de novembro. Estas obras non afectarán ao...

O Concello de Tomiño e a Axencia de Turismo de Galicia veñen de asinar un convenio de colaboración para a construción dun pantalán na zona de Goián que facilite o acceso das persoas con diversidade funcional ao espazo natural do Miño. Trátase do primeiro pantalán cento...

O programa de voluntariado do concello de Tomiño naceu no ano 2003 co obxectivo de ser unha referenza clara na organización de persoas que de xeito activo participen en distintas actividades municipais. Dende ese momento, 118 mozos e mozas colaboraron nas actividades de voluntariado local...