02 Mar Feminíssimas: teatro cómico e feminista para reivindicar o 8M en Tomiño O espectáculo terá lugar no Auditorio de Goián o 6 de marzo ás 20:00h, está dirixido a un público adulto e terá un custe de 5 euros
Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller o vindeiro 8 de marzo, o Concello de Tomiño programou o espectáculo teatral Feminíssimas, que será interpretado o día 6 de marzo ás 20:00 horas no Auditorio de Goián, cumprindo coas máis estritas medidas e protocolos...