03 Xuñ Tomiño homenaxea o labor das traídas de auga veciñais co documental “Da nosa man” A presentación da emotiva peza, proxectada onte no auditorio de Goián, contou coas intervencións da alcaldesa e do vicepresidente de COXAPO, Humberto M. González
Onte foi presentado no auditorio de Goián o documental “Da nosa man”, unha peza audiovisual que rende homenaxe ao labor desenvolvido polas 36 comunidades de augas veciñais existentes no municipio nunha tarefa tan importante como o é a autoxestión dun ben imprescindible para a sociedade. O...