Catro das vinte persoas que fixeron o curso de caixeiro/a-repoñedor/a organizado polo Concello atoparon traballo en supermercados A entrega de diplomas celebrouse no Concello coa presenza da alcaldesa e da responsable da formación

O curso de caixeiro/a-repoñedor/a organizado polo  Concello de Tomiño, tivo coma resultado a contratación de catro das 20 persoas que o fixeron, sendo posible a formalización de máis contratos en breve.

A acción formativa, organizada a través do Servizo de Orientación Laboral, foi de balde para os participantes e tivo unha duración de 40 horas; 10 teóricas, impartidas no propio Concello e 30 prácticas (non remuneradas), en distintos supermercados da zona, un dos cales procedeu logo ás catro contratacións mencionadas.

A entrega de diplomas celebrouse no Concello, contando coa asistencia de varias das participantes; a responsable da formación (Academia Elisa), o concelleiro de Promoción Económica, Antonio Tartaglione e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, quen expresou a súa satisfacción, tanto polo desenvolvemento do curso, coma pola creación de novos postos de traballo na comarca.