CATRO MEDALLAS PARA OS TEIXUGOS NA 2ª COPA DE ESPAÑA DE SLÁLOM Ao evento acudiron máis de 200 piragüistas de España, dos cales 8 eran representantes do Deportivo Miño-Teixugos

Continúa a Liga Española de Slálom, nesta ocasión na canle da localidade francesa de Pau, onde se celebrou a 2ª Copa de España de slálom. Está canle, moi preto de España é habitualmente usada pola federación Española para facer adestramentos e competicións. Esta tempada, cada Copa de España consta de dúas competicións separadas, coas súas clasificatorias e finais diferenciadas, a primeira celebrada o sábado e a segunda o domingo.

Ao evento acudiron máis de 200 piragüistas de toda España, dos cales 8 eran representantes do Deportivo Miño-Teixugos, que remataron con 4 medallas, 3 pratas e 1 bronce, e foron quen de facer 14 finais de 16 posibles.

En k1 veterano, Emilio Rodríguez, subiu ao podio nas dúas xornadas ao conseguir tanto sábado como domingo a medalla de prata.

En K1 sénior Laura Alonso non foi quen de meterse en finais, rematando décimo sétima o sábado e vixésima o domingo.

En K1 xuvenil, Ainhoa Barreiro e Alba Soutelo entraron  en finais nos dous días, Ainhoa rematou oitava na primeira e novena na segunda final, mentres que Alba o sábado a piques estivo de subir ao podio ao rematar cuarta e o domingo foi oitava.

Alba Soutelo tamén baixou en canoa ou C1, e ao igual que en caiac, foi quen de meterse nas finais nos dous días, o sábado rematou oitava, e o domingo, nunha impresionante baixada, limpa e libre de penalizacións, subiu ao podio co segundo mellor tempo.

En C1 sénior, Brais Castro, tamén superou as clasificatorias, e xa nas finais foi oitavo o sábado e sexto o domingo.

En K1 sénior, Manuel Ochoa, fixo unhas impresionantes clasificatorias, o sábado foi segundo e o domingo primeiro, e xa nas finais, o primeiro día acadou a medalla de bronce, e no domingo, aínda que fixo tempo de medalla, as penalizacións por toques deixárono en quinto lugar.

En K1 xuvenil, Alexis Segadaes non superou as clasificatorias en ningunha das xornadas, rematando décimo sexto e trixésimo sexto. Na mesma categoría Sergio Rodríguez foi finalista nos dous días, rematando quinto o sábado e sexto o domingo.

Papel moi destacado e destacable do Club Deportivo Miño-Teixugos, e do slálom galego, nesta segunda cita da Liga Española, con varias medallas e moitos deportistas en finais dos cinco clubs galegos.

Na clasificación final por equipos, os Teixugos, remataron quintos na xornada do sábado e sextos o domingo.

Fotos xentileza de Norbert Aguilera.
Texto: Rosa Fernández Carrera.