
06 Mai Charla sobre violencia de xénero na adolescencia: pautas para a detección e abordaxe A actividade, organizada polo Concello a través das ANPAS, será o día 9 de maio ás 19.00h no Salón de Plenos
O xoves 09 de maio impartirase unha charla a país e nais, organizada polo Concello a través das ANPAS, sobre Violencia de xénero na adolescencia: pautas para a detección e abordaxe. Tratarase a educación en valores de igualdade e repecto, con especial incidedencia na ciberviolencia, a violencia sexual e as novas tecnoloxías e a Prevención da violencia sexual dixital.
Será no Salón de Plenos do Concello,de 19:00h a 21:00h.
Esta actividade forma parte das distintas que se están organizando dende o Concello dirixidas á comunidade educativa e con cargo aos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
No mes de maio tamén continuarán as charlas sobre esta temática co profesorado de todos os ciclos educativos, que xa iniciamos co IES no mes de abril.
A convocatoria fíxose a través das ANPAS, pero se alguén está interesado/a, pode enviar un correo electrónico a igualdade@tomino.gal, simplemente co nome e apelidos. Para o caso de que se supere o aforo, serán organizadas novas convocatorias para aquelas persoas que queden fora desta.