Charla-Coloquio ‘A cuarta ola feminista: violencia sexual vs educación igualitaria’

Participa na charla-coloquio ‘A cuarta ola feminista: violencia sexual vs. educación igualitaria’, a cargo de Rosa Cobo Bedía.

 

Rosa Cobo é doutora en Ciencias Políticas e Socioloxía, profesora titular de Socioloxía e directora do Centro de Estudos de Xénero e Feministas na Universidade da Coruña. Directora de Atlánticas, Revista Internacional de Estudos Feministas da mesma Universidade .

 

Entre outros, ten publicados os seguintes libros: ‘Fundamentos del  patriarcado moderno. Jean Jacques Rousseau’ (Cátedra, 1995); ‘Interculturalidad, feminismo y educación’ (Libros de la Catarata, 2006); ‘Educar en la ciudadanía. Perspectivas feministas (Libros de la Catarata, 2008)’ o ‘Hacia una nueva política sexual’ (Libros de la Catarata, 2011). Sus últimos libros publicados son ‘La prostitución en el corazón del capitalismo’ (Libros de la Catarata, 2017); ‘La imaginación feminista. Debates y transformaciones  disciplinares’ (Libros de la Catarata, 2019) y ‘Pornografía. El placer del poder’ (Ediciones B, 2020).

banner-rosa-cobo

Nesta charla achegaranos á historia do pensamento feminista e aos logros acadados até a actualidade, na que ten uns dos seus exes fundamentais na loita contra a violencia sexual.  Convidamos ás persoas asistentes a coñecer o marco teórico necesario para unha reflexión sobre a sociedade que queremos construir, o xeito en que educamos a mozos e mozas e a  necesidade dunha educación igualitaria para garantir a fin da violencia

 

Data da Charla-Coloquio: Venres 20 de novembro de 2020 ás 18:00h

 

Acceda a Charla-Coloquio no seguinte enlace: https://us02web.zoom.us/j/84204983077

Formulario de inscrición