Charla sobre o coidado do corpo e a alimentación saudable O mercado municipal acolle o día 18 deste mes unha conferencia a cargo de Luz Álvarez

A Concellería de Promoción Económica e o Mercado de Tomiño organizan unha charla sobre o coidado do corpo a través dunha alimentación saudable. Colabora Taska Tenda e a entrada é totalmente de balde.
A conferencia, a cargo de Luz Álvarez, será o día 18 de decembro ás 20.00 horas, no primeiro andar do mercado municipal.

La imagen puede contener: texto