Chega ao auditorio de Goián “A Herdanza”, a última longametraxe do Grupo San Roquiño A película poderá verse sábado 19 e domingo 20 de marzo, en dous pases cada día

Chega a vindeira fin de semana “A HERDANZA”, última película do Grupo San Roquiño de Goián.
A longametraxe, cuxa primeira proxección tivo que adiarse por mor da pandemia, está feita con moito humor e o argumento xira ao redor de tres irmáns cunha inmensa fortuna pero sen descendencia a quen deixala. Os veciños e veciñas tentan axudalos a resolver o problema.
Adiantan que haberá alfombra vermella, 40 personaxes en escena e chegada dos actores e actrices en varios tractores.
“A Herdanza”, filmada nos anos 2019 e 2020, é a quinta película do Grupo San Roquiño, que xa está a preparar a sexta.
Datas e horarios: Sábado 19 de marzo (primeiro pase ás 19h e segundo pase ás 21h) e Domingo 20 de marzo (primeiro pase ás 18h e segundo pase ás 20h).
Idade: todos os públicos
Lugar: Auditorio de Goián
Prezo: GRATIS (para entrar deberá levarse 1 Kg. de comida non perecedeira, para entregar a asociacións asistenciais da zona).
Duración: 1.25h
Uso obrigatorio de máscara.
Colabora Concello de Tomiño