Cinco medallas para “Os Teixugos” na 2ª competición da Liga Galega de Promoción de Slálom

Esta fin de semana tivo lugar en Cordeiro, no concello de Salvaterra do Miño, a 2ª competición da Liga Galega de Promoción de Slálom, liga na que participan os deportistas máis novos dos clubs galegos e portugueses. O Club Deportivo Miño acudiu ao evento con 12 pequenos piragüistas, moitos dos cales dobraron, facendo baixada en Kayak e canoa.

Cinco foron as medallas que os Teixugos acadaron nesta xornada, algunhas menos das esperadas, pero que non quitaron nin ilusión nin ganas aos máis pequenos e pequenas do club.

A participación máis relevante do club  foi a de  Ainhoa Barreiro cunha medalla de ouro en C1, e unha de prata en K1 muller infantil.

Samuel Castro foi prata en C1 Home Infantil. Sergio Martínez acadou o bronce en K1 Home Infantil e bronce tamén para Alba Soutelo en C1 Muller Infantil.

Na clasificación final por clubs o Club Penedo de Tui declarouse gañador cun total de 216 puntos, seguido do Club Tea de Mondariz con 189, terceiro foi o Piragüismo Dumbría con  178, e xa no cuarto lugar os Teixugos con 174.

 

Texto: Rosa Fernández Carrera.

Fotos:

https://goo.gl/photos/XRphCHySfnXn7gf96