Cine familiar e concertos de música de banda e de rock en Tomiño O venres haberá máis cine na Praza do Seixo, con O Bosque Animado, e o martes 27, concerto da Escola de Rock de Paredes de Coura no auditorio da fortaleza de Goián

O verán cultural de Tomiño segue desenvolvéndose con éxito. O ciclo de CINE AO AIRE LIBRE, propón para este VENRES “O BOSQUE ANIMADO”, na Praza do Seixo ás 22.30 horas e para todos os públicos.

No bosque conviven en paz animais e árbores cando aparece un novo e estraño veciño: o poste.

Cando a harmonía do entorno é alterada pola man do home, os moradores do monte loitarán para recuperala. Primeira longametraxe con animación 3D de Europa.

Por outra banda, A Escola do Rock de Paredes de Coura, actuará en concerto o martes 27 de xullo no auditorio do Espazo Fortaleza de Goián.

Nada en 2014 do icónico festival da mesma vila portuguesa, a escola organiza todos os anos un tour con concertos reunindo no escenario a alumnado e profesorado. Organizado pola Câmara Municipal de Paredes de Coura e o Concello de Tomiño, este singular espectáculo é para todo público, con entrada de balde.

É preciso reservar as entradas, tanto para o cine ao aire libre, como para o concerto, chamando ao 986622001 ou enviando un correo electrónico a cultura@tomino.gal