“Coas mans nos pucheiros”, actividade de Nadal para achegar a avós pais e fillos

  • O obradoiro realizarase na sede da “Asociación de persoas con discapacidade VONTADE”, entre o 26 e o 30 de decembro en horario de mañá
  • Para inscribirse é necesario cumprimentar unha solicitude e achegala ao edificio de Servizos Sociais, antes do 15 de decembro

 

O Concello de Tomiño levará a cabo do 26 ao 30 de decembro o obradoiro interxeracional “Coas mans nos pucheiros”, dentro do Programa “Tecendo Lazos” impulsado pola Deputación de Pontevedra.

A poboación en xeral, avoas e avós, fillos, netos e demais familia poderán participarán nunha

actividade en equipo consistente na preparación de varios pratos de comida, de

maneira tal que pequenos e maiores compartan un tempo xuntos no Nadal e aprendan uns dos

O obxectivo do programa é fomentar, por unha banda, o envellecemento activo das persoas

maiores, mellorando a súa actividade física, cognitiva e social, e por outra, potenciar as

habilidades sociais e empatía das persoas máis novas cara ao resto das xeracións.

O obradoiro realizarase na sede da Asociación De Persoas Con Discapacidade VONTADE, do

26 ao 30 de decembro en horario de mañá, cunha duración total de 16

horas.

Por outra banda, unha parte do obradoiro adicarase á historia do Concello de Tomiño, podendo realizar un traballo conxunto sobre as historias, lendas ou fotografías do lugar.

Para inscribirse é necesario cumprimentar unha solicitude enviada polo Concello a potenciais usuarios e usuarias, e achegala ao edificio de Servizos Sociais do Concello de Tomiño, xunto cunha copia do DNI antes do 15 de decembro. Para persoas que non residan no Concello de Tomiño, será necesario xuntar tamén un volante de empadroamento.