Comerciantes e emprendedores apúntanse ao programa de formación e crecemento impartido por Adeto e o Concello A primeira reunión para coñecer as persoas interesadas celebrouse o pasado xoves no salón de plenos

Dentro do protocolo de colaboración asinado entre o Concello de Tomiño e ADETO (Asociación de Autónomos de Comercio, Hostalería e Industria de Tomiño), co fin de mellorar a formación dos profesionais do comercio local, o pasado xoves, presentouse no salón de plenos do Concello o programa formativo e de asesoramento individualizado “Máis Posible”, destinado a todo tipo de negocio ou PYME local, sexan ou non socios de ADETO.

A primeira reunión do programa, para coñecer as persoas interesadas en participar, levouse a cabo o pasado xoves no salón de plenos do Concello.

“Somos conscientes de que a situación actual do comercio local e as pequenas empresas non é moi boa; crise económica anterior, as multinacionais, as novas tecnoloxías e a globalización están creando unha situación insostible para moitos dos nosos negocios.
A pesar desta situación, outras empresas e empresas din que van facturar máis que nunca. Non se entende”, explicaba José Fonterosa, un dos profesionais encargados de impartir a formación.
“Aqueles que temos empresas ou negocios debemos parar e pensar o que está pasando, e que medidas tomar para revertira a situación”, indicaba Susana Rodríguez, experta en proxectos de crecemento social e persoal.

Tal e coma acordaron no protocolo de colaboración comerciantes e Concello, a partir de agora e durante varias semanas, desenvolveranse coas persoas interesadas, sesións de consultoría, acompañamento persoal e grupal mediante coaching; formación sobre marketing, técnicas de venda, promoción e publicidade; asesoramento no uso das novas tecnoloxías e impulso motivacional, entre outras iniciativas.

 

La imagen puede contener: una o varias personas e interior