Comeza a votación final para bautizar ao instituto de Tomiño

Calquera cidadán pode participar e elixir o nome: IES Antón Alonso Ríos, IES Isaura Gómez ou IES de Tomiño

2.11.2016 Calquera cidadán pode participar e votar dende hoxe, para escoller o nome do instituto de Tomiño. Os votos poden emitirse ata o 13 de novembro ás 24.00 horas, cando se pecha o proceso e se procede ao reconto.

Os nomes escollidos polo consello escolar do instituto (os votantes decidirán cal será o que leve en adiante o centro educativo) foron: Instituto Antón Alonso Ríos, Instituto Isaura Gómez e Instituto de Tomiño (actual denominación).

No enlace http://bit.ly/2fepYRm pode atoparse a biografia dos candidatos e candidatas seleccionados, que tamén figuran de xeito resumido na páxina de Facebook do IES de Tomiño (https://www.facebook.com/iesdetomino/).

Proceso de votación: A votación pódese facer online dende o formulario que figura nesta entrada ou nas urnas situadas no Concello e no propio instituto. O resultado da votación será vencellante e decidirá o nome do instituto de xeito popular, participativo e democrático.

Dende o Concello animámoste a participar nesta iniciativa: suma o teu voto!