Comeza o programa de formación e coaching “á carta”, co que Concello e ADETO tentarán de contribuír á profesionalidade de negocios e Pymes locais O programa, que será presentado o vindeiro xoves, 11 de outubro, ás 21.00h no Concello, vai dirixido a comercios e Pemes do municipio, sexan ou non socios de ADETO

Dentro do protocolo de colaboración asinado recentemente entre o Concello de Tomiño e ADETO (Asociación de Autónomos de Comercio, Hostalería e Industria de Tomiño), co fin de contribuír á formación dos profesionais do comercio local, o vindeiro xoves, 11 de outubro, ás 21.00 horas, presentarase no salón de plenos do Concello o programa formativo e de asesoramento individualizado “Máis Posible”, destinado a todo tipo de negocio ou PEME local, sexan ou non socios de ADETO.

Tal e coma acordaron no devandito protocolo de colaboración comerciantes e Concello, desenvolveranse actividades coma sesións de consultoría; acompañamento persoal e grupal mediante coaching; formación sobre marketing, técnicas de venda, promoción e publicidade; asesoramento no uso das novas tecnoloxías, impulso motivacional etc.