COMUNICACIÓN DE GUERRILLA
#voluntariado
Imos levar a cabo no noso concello, en colaboración co Fondo Galego de Cooperación, unha actividade chamada Comunicación de Guerrilla dentro do proxecto People and Planet: un destino común, cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa DEAR.
O obxectivo do proxecto é chamar á reflexión sobre a sustentabilidade vinculada coa auga como dereito humano fundamental e sobre impacto que xeran as dificultades no acceso á auga a nivel global e como inflúe esta carencia nas sociedades do Sur. E queremos facelo empregando técnicas da comunicación de guerrilla, coa complicidade dun grupo de 15 persoas, de entre 15 e 35 anos, do concello.