CONCURSO DE DESEÑO DA CAMISETA do Día das Letras Galegas 2026
Deseño presentado en 2025 pola moza Iria Muñoz de Santiago.
A OMIX de Tomiño conmemora o 17 de maio con enxeño e creatividade arredor da lingua e literatura galega cunha nova edición do CONCURSO DE DESEÑO DA CAMISETA do Día das Letras Galegas 2026
BASES
O deseño, dunha soa cor para estampar sobre fondo branco, estará pensado para colocarse unicamente na parte dianteira da camiseta. O dito deseño será libre e aberto e valorarase que sexa atractivo, creativo e que busque a promoción e a normalización do galego.
A nosa intención é plasmar NUNHA FRASE e/ou NUN DESEÑO GRÁFICO // DEBUXO dixitalizado algo que defenda ou poña en valor a nosa lingua. Só serán aceptadas ao concurso as frases escritas integramente en GALEGO.
TODAS AS PERSOAS QUE PARTICIPEN e envíen as súas creacións serán agasalladas cunha camiseta co modelo gañador serigrafiado. Ademais, a persoa autora da camiseta gañadora contará coa difusión da súa ilustración tanto nas redes sociais como nos diferentes medios de comunicación.
A proposta máis votada (o xurado estará formado por membros do noso grupo de voluntariado) será estampada en 1.200 camisetas que serán repartidas DE BALDE entre as persoas que participen nas nosas actividades o 17 de maio de 10 a 14h na Praza do Seixo.
Podedes enviar as vosas creacións ata o 9 de maio ás 9am a omix@tomino.gal
PARTICIPA E ESCOLLE ENTRE ESTES PREMIOS:
1) E-Book KINDLE
2) AIRPODS DE APPLE
3) SMARTWATCH
Os deseños presentados a concurso pasarán a formar parte do arquivo, fondo documental ou propiedade da entidade convocante (Concello de Tomiño)
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferenzas mediante o análise dos seus hábitos de navegación.