Convocatoria de bolsa de traballo para vacantes de limpadores/as

O Concello de Tomiño publicou no Atlántico Diario de 22 de outubro de 2015 a convocatoria dunha bolsa de traballo para cubrir posibles vacantes de limpadoras.

O prazo para presentar as solicitudes comeza o día 23 de outubro 2015 e remata o día 27 de outubro de 2015.

No documento que se xunta neste anuncio figuran o modelo de solicitude a presentar (última páxina) e as normas do procedemento para levar a cabo a selección das 10 persoas que formarán parte desa bolsa.

NOTA ACLARATORIA DA BASE CUARTA, PUNTO 2 a) DAS BASES DESTA CONVOCATORIA: a puntuación deste apartado será de 0,5 puntos por cada seis meses continuados de traballo, en proporción á xornada do contrato, ao servizo dunha Administración Local en funcións semellantes ás dos postos obxecto da presente provisión, non compútandose contratos cun prazo inferior ao mesmo. A puntuación máxima neste apartado será de 3 puntos.

Convocatoria bolsa traballo limpadoras Tomiño