Convocatoria de dúas prazas de persoal técnico para o programa Agroemprega As e os interesados terán 5 días hábiles dende a publicación das bases para presentar a solicitude e a documentación

Aberta a convocatoria para prover por concurso en réxime de interinidade dous postos de técnicos/as orientadoras/prospectoras de emprego para a execución do Programa Integrado de Emprego do Concello de Tomiño e do Rosal, Agroemprega 2021/2022, organizado en colaboración coa Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.

Mediante resolución aprobáronse as bases da convocatoria para a provisión con carácter interino por programas para a execución do Agroemprega coas seguintes características: dous postos de persoas técnicas orientadoras/prospectoras de emprego, categoría de Administración Especial, do Grupo A, Subgrupo A-2, de persoal funcionario do Concello de Tomiño.

O texto completo das bases da convocatoria pódese consultar na seguinte ligazón na sede electrónica do Concello de Tomiño.

Ábrese un prazo de 5 días hábiles, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, para presentar as solicitudes e demais documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello de Tomiño de maneira presencial ou na sede electrónica tomino.sedelectronica.gal ou ben mediante calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, todo elo de conformidade coas bases do procedemento expostas na páxina web do Concello (tomino.gal).