
17 Nov Convocatoria pleno extraordinario do Consello Municipal da Infancia e a Adolescencia de Tomiño, este venres no Auditorio de Goián O tema a tratar será "Medio ambiente: propostas para que Tomiño sexa un concello máis sostible"
CONVOCATORIA PARA O PLENO DO CONSELLO MUNICIPAL DA INFANCIA E ADOLESCENCIA DO CONCELLO DE TOMIÑO
O Consello Municipal da Infancia e a Adolescencia celebrará o vindeiro venres, 19 de novembro, unha sesión extraordinaria de pleno que terá lugar no auditorio municipal de Goián, ás 11.00 h. para tratar o tema: “Medio ambiente: propostas para que Tomiño sexa un concello máis sostible”.
ORDE DO DÍA :
- Intervención do CEIP de Barrantes
- Intervención do CEIP Pintor Antonio Fernández
- Intervención do CEP Pedro Caselles Beltrán
- Intervención do CEIP de Sobrada
- Intervención do CEIP de Tebra
- Intervención do IES Antón Alonso Ríos
- Intervención do CRA Mestre Manuel Garcés