Cruz Vermella Española porá en marcha o próximo 2 de xullo as súas actividades de verán, en Vilachán (Tomiño) e A Guarda O prazo de inscrición comezou o día 17 de xuño e pechará o 2 de xullo

A Cruz Vermella Española informa que desde a súa Asemblea Comarcal Baixo Miño porá en marcha o próximo 2 de xullo as súas actividades de verán en diferentes zonas da comarca, concretamente en Vilachán (Tomiño) e A Guarda.

O prazo de inscrición comezou xa o día 17 de xuño. As ludovermellas desenvolveranse no Parque de O Montiño, na Guarda, e en Tomiño, no Local da Asociación de veciños O Árbore, e no parque próximo (Vilachán). Todas elas en horario de horario de 11.00 a 13.00 horas.

As actividades están dirixidas a niñ@s con idades comprendidas entre os 6 e 12 anos. A finalidade destes talleres é facer chegar a l@s niñ@s valores como solidariedade, tolerancia, cooperación, empatía, compañeirismos, respecto… ademais de fomentar a interrelación entre nenos e nenas de distintos grupos de idade.

Os obxectivos que se pretenden conseguir son basicamente os seguintes: promover a adquisición de novos hábitos lúdicos e educativos; fomentar a participación; promover a adquisición de valores e condutas positivas respecto da vida grupal e á convivencia, e reforzar e favorecer a creación de redes interpersoais.

Todos os obradoiros SON DE CARÁCTER GRATUÍTO.

Para máis información, reserva ou inscrición, dirixirse á Asemblea Comarcal Baixo Miño. Rúa Agustín Nandín Lomba, 1. Baixo. 36780 A Guarda. Telf: 986 614609.