O curso de chinés A1.1 está dirixido á mocidade sen coñecementos previos de chinés e constitúe o primeiro nivel de aprendizaxe formal do idioma. A docente (nativa) centrarase no desenvolvemento progresivo das catro competencias lingüísticas: compresión auditiva, expresión oral, comprensión lectora e expresión escrita cun enfoque comunicativo e práctico. Farase fincapé nas peculiaridades propias da lingua: transcrición fonética pinyin, caracteres etc. Ideal para todas as persoas interesadas en comezar a aprender chinés e iniciarse no coñecemento da cultura chinesa. Ao rematar o curso o estudantado será capaz de participar en diálogos simples, preguntar, responder e comunicar necesidades básicas.
Temporalización: Inicio o 28 de febreiro – Finalización o 16 de maio.
Clases os mércores e sábados: 4, 7, 14, 18 e 28 de febreiro / 7, 14, 21, 28, 30 de marzo /
1, 11, 18, 25 e 29 de abril. / 6, 9, 13 e 16 de maio.
Horario: mércores e sábados de 19h a 21h
Lugar: Online
PREZO: 35,00€
