Curso básico de FRANCÉS ONLINE

febreiro-frances-w

Curso básico de FRANCÉS ONLINE

 

A OMIX de Tomiño leva anos apostando polos cursos de idiomas, que sempre teñen moita aceptación e demanda entre a poboación xuvenil. Ademais de que aprender outra lingua amplía as nosas habilidades comunicativas e axúdanos a introducirnos noutra cultura, o coñecemento da mesma tamén pode abrirnos portas a nivel laboral.

O curso será impartido por unha profesora nativa e a metodoloxía é activa e participativa, para aprender a falar francés de forma divertida.

 

Duración: 20h.

 

Temporalización: do 17 de febreiro ao 21 de abril, todos os mércores de 20h a 22h.