Neste curso veremos cousas como a comunicación cos nosos cans e/ou cadelas e o importante que é tela en conta diariamente, as diferentes opción de materiais dispoñibles no mercado; utensilios de paseo, correas, arneses ou colares, xoguetes etc. Coñeceremos as necesidades das nosas mascotas, como satisfacelas axeitadamente e trataremos o adestramento básico para o día a día, como por exemplo unha chamada efectiva. Asistiremos ao curso con acompañante canino e/ou como persoa oínte.