CURSO DE BIXUTERÍA CON TEAS RECICLADAS (6 horas)

Para realizar este curso non é preciso ter ningún tipo de coñecemento previo. Consiste na realización de obxectos de bixutería téxtil como pendentes, broches e/ou pulseiras reutilizando restos de teas recicladas. O alumnado aprenderá a técnica de realización de patróns simples, a de marcado e corte de patróns, cosido a man, traballo con cintas elásticas, pegado con diferentes colas e pegamentos, utilización de tenazas e pinzas.

 

Temporalización: 6 e 7 de novembro.

Horario: venres, de 18h a 21h e sábado de 10.30h a 13.30h.

Lugar: OMIX TOMIÑO.

PREZO: 20,00€

Inscrición