A OMIX de Tomiño leva anos apostando polos cursos de idiomas, que sempre teñen moita aceptación e demanda entre a poboación xuvenil. Ademais de que aprender outra lingua amplía as nosas habilidades comunicativas e axúdanos a introducirnos noutra cultura, o coñecemento da mesma tamén pode abrirnos portas a nivel laboral.
O curso será impartido por unha profesora nativa e a metodoloxía é activa e participativa, para aprender a falar francés de forma divertida.