Proposta ideal para aquelas persoas que pretendan adquirir formación oficial e experiencia práctica nun eido que abre portas a nivel profesional e aporta coñecementos válidos a nivel persoal. A través deste curso, poderás desenvolver as habilidades necesarias para traballar con grupos de infancia, mocidade e/ou terceira idade en actividades de tempo libre, cun enfoque práctico. As persoas asistentes a este curso teñen que ter 18 anos cumpridos e estar en posesión, como mínimo, do graduado escolar, título en ESO ou equivalente.
Duración: 200h (fase teórico-práctica) + 150h (fase de prácticas). Ao rematar toda a formación o alumnado acadará o título oficial, expedido pola Xunta de Galicia. Posibilidade de facer as prácticas durante o mes de xullo no noso campamento urbano.
Horario: sábados e domingos de 9h a 14h e de 15h a 20h (as 200h prácticas realizaranse na entidade escollida unha vez remate o curso)
Lugar: Escola Obradoiro de Goián.
Prezo: 200,00€
