Curso ‘DREAMS TO SPACE’ 2023

Nesta actividade, a mocidade participante, achegarase ao mundo da tecnoloxía dende unha perspectiva MAKER ( ser capaz de construír cada participante o seu propio proxecto ).

Data: Do sábado 15 de abril ao sábado 3 de xuño

Horario: Sábados de 11.00h a 12.00h

Lugar: Espazo Mercado de Goián

Idade: A partir de 12 anos

Prezo: 20,00 €

MATERIAS A TRATAR:

Programación

Para poder utilizar calquera aparello robótico resulta indispensable poder comunicarse con el, a esta comunicación chamáselle programación informática. Nesta área o alumnado aprende as estruturas lóxicas e diferentes ferramentas para programar diferentes dispositivos.

Robótica

Mediante as linguaxes de programación vistas no bloque anterior lévase a cabo a construción e programación de diferentes robots para executar pequenas tarefas. Os materiais a utilizar para este apartado acostuman a ser LEGO WE DO 2.0 e MBOT.

Arduino

Introdución a placas base de electrónica que permiten interactuar con diferentes sensores, chegando a crear pequenos dispositivos.

Impresión 3D

Introdución ao deseño, modelado e impresión 3D con programas como Tinkercad, para os máis cativos e Fusion360 de Autodek para o alumnado máis avanzado.

Aeromodelismo Espacial

Construción dun foguete e lanzamento do mesmo aplicando conceptos e cálculos previamente explicados e analizados.