Curso monográfico de cestería: a cesta mixta

Curso especializado nunha peza en particular, neste caso, a cesta mixta. Este curso dividirase en dúas partes; unha teórica e outra práctica. Na primeira parte aportaranse datos detallados sobre a peza a tratar e datos sobre a identificación das materia primas que se empreguen. Cada participante aprenderá a confeccionar, crear e compoñer a súa propia peza, coa guía que aporte o docente.

Data: sábado 21 de maio

Horario: de 10 a 13h e de 16h a 20h

Idade: a partir de 12 anos

Lugar: Escola Obradoiro de Goián

Prezo: 10€