Curso monográfico de cociña para a mocidade: Non pases fame na universidade

Este curso está adicado especialmente á cociña rápida e saudable e á cociña de aproveitamento, a mocidade asistente aprenderá a xestionar o aforro á hora de mercar e coñecerá métodos de conservación das elaboracións de xeito práctico.

Data de inicio: sábado 18 de xuño
Horario: sábado de 10.30h a 13.30h
Idade: a partir de 16 anos
Lugar: Mercado de Tomiño
Prezo: 10€