Curso online: LINKEDIN, a rede social que máis che fará crecer.

curso-abril

CONTIDO DO CURSO:

  1. Comprender as transformacións xeradas polas novas tecnoloxías no ámbito empresarial e laboral.
  2. Entender as novas formas de relacionarse e comunicarse en internet.
  3. Comprender o funcionamento de LinkedIn.
  4. Aprender as diferentes estratexias que existen para o éxito profesional.

A quen vai dirixido: a todas as persoas interesadas de 16 a 35 anos (se quedan prazas libres poderán facer o curso as >35).

Datas: do 12 ao 15 de abril.

Horarios: de luns a xoves de 16 a 18 horas.

Duración: 8 horas.

Modalidade: online.

Prezo: 15 €.

O curso será impartido por Raúl Ordóñez, especialista en márketing e estratexia online con máis de 20 anos de experiencia no sector. Director de Sherpa Cultura Digital dende onde guían a empresas e profesionais a adaptarse con éxito ao cambio tecnolóxico. Foi responsable do negocio de bitacoras.com, a maior rede social de bloggers no mundo hispano e impulsor de diferentes proxectos dixitais con marcas e entidades de primeiro nivel. Tamén é docente e mentor na EOI e colabora habitualmente con diferentes universidades coma a USC, Universidade de Jaén, diferentes Escolas de Negocio ou a Escola de Finanzas.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN