A finalidade da programación deste curso é presentar elementos de utilidade real á hora de ter un primeiro contacto con persoas niponas: saber presentarse, preguntar pola hora, a profesión, etc…
O inicio do estudo do xaponés precisa comezar tal e como empezan os nenos e nenas xaponesas, coa aprendizaxe dos silabarios, que compoñen o método de escritura básico do idioma, así coma os fundamentos da pronuncia xaponesa.
Alén diso o alumnado aprenderá non só a lingua, senón a cultura do país.
– Martes e xoves de 19:00 a 21:00h (dende o 3 de maio ata o 28 de xuño)
– Aula CEMIT
– Prezo inscrición: 15€
– A partir dos 12 anos
– Para que se leve a cabo é necesario un mínimo de 20 alumnos/as.