Obradoiro fundamentalmente práctico e vivencial cunha metodoloxía lego® serious play® baseada no poder do coñecemento que xorde da conexión entre as mans e a mente. O método LEGO® SERIOUS PLAY® céntrase no principio de que todas as persoas temos algo único e valioso que aportar. Baséase en investigacións profundas realizadas nas áreas de negocios, desenvolvemento organizacional, piscoloxía e aprendizaxe. É unha técnica que facilita a reflexión, a comunicación e a resolución de problemas. Funciona especialmente ben ante desafíos complexos e cando non hai unha solución obvia ou unha resposta correcta.
Neste obradoiro a mocidade participante vai indagar e acadar un coñecemento das súas habilidades ou “SúperPoderes” para así abrir un camiño de posibilidade cara ao futuro persoal e/ou profesional, xogando seriamente e de xeito creativo.
Data de inicio: sábado 19 de novembro
Horario: de 9:30 a 14:00h
Idade: a partir de 16 anos
Lugar: Goián
Prezo: 10 €
O curso de Lingua de Signos Española A1 non require de ningún coñecemento previo. É un curso de 30 horas de duración, no que se traballan as destrezas principais da lingua: a expresión, a interacción e a comprensión signada. O curso é moi práctico sendo necesaria a participación activa do alumnado.
Data de inicio: sábado 26 de novembro
Horario: todos os sábados de 12:00 a 14:00h
Idade: a partir de 12 anos
Lugar: Goián
Prezo: 15 €
Curso básico onde se darán datos detallados sobre a peza/s a tratar e sobre a identificación das materia primas que se empreguen. Cada participante aprenderá a confeccionar, crear e compoñer a súa propia peza/s, coa guía que aporte o docente.
Data de inicio: domingo 18 de decembro
Horario: de 10:00 a 13:00h e de 16:00 a 20:00h
Idade: a partir de 12 anos
Lugar: Goián
Prezo: 10 €
Neste curso recibiremos formación sobre o novo formato de podcast como unha nova vía de información, divertimento, comunicación, aprendizaxe etc. cuxo consumo está a aumentar dende que Spotify mercou os dereitos para poder subir podcast á súa plataforma. Coñeceremos plataformas onde subir e escoitar podcast, aplicacións gratuitas, programas de edición, Media Kit etc. Impartido por David Gesteira Estévez, creador do podcast “Descifrando a Historia”, que ten máis dun ano de traxectoria e foi gañador dun premio na V Edición Premios Xuventude da Deputación de Pontevedra en 2021.
Data: sábado 29 de outubro
Horario: De 9 a 13h
Idade: preferentemente mocidade ata 35 anos
Lugar: Auditorio de Goián
Prezo: de balde para as persoas voluntarias da OMIX e 10 euros para o resto
A través deste obradoiro, o alumnado asistente aprenderá a elaborar conservas de alimentos seguras e as persoas asistentes serán concienciadas sobre a necesidade de aplicar boas prácticas na manufactura. Este curso está dirixido ás persoas con inquedanzas particulares e/ou profesionais relacionadas coas conservas artesanais.
Data de inicio: sábado 5 de novembro
Data de finalización: sábado 12 de novembro
Horario: sábados de 1o:00 a 14.00h
Idade: a partir de 12 anos
Lugar: Mercado de Tomiño
Prezo: 10 €
Tanto de cara ao Samaín como ao Entroido, neste obradoiro as persoas participantes aprenderán, de xeito práctico, diferentes técnicas de caracterización para crear personaxes de cine ou teatro utilizando maquillaxe artística e efectos especiais para crear todo o que poidades imaxinar.
Data de inicio: sábado 22 de outubro
Data de finalización: sábado 29 de outubro
Horario: sábados de 12:00 a 13:30h
Idade: a partir de 12 anos
Lugar: Goián
Prezo: 10 €