
02 Ago Deputación, Concello e Xunta asinarán este venres o convenio para crear a nova avenida que rodeará o Seixo A institución provincial achegará 2.351.163,26 euros dos 3,5 millóns que se investirán na construción da nova estrada
En canto ao orzamento, a execución desta actuacións estímase en 3.545.623,60, que se repartirán en 2.351.163,26 euros investidos pola Deputación provincial (preto do 70%), 261.240,36 euros polo Concello de Tomiño, e 933.219,98 euros pola Xunta de Galicia en concepto de contratos de servizo e expropiacións, a repartir en diferentes anualidades.
A Deputación de Pontevedra será a encargada de elaborar o documento técnico da estrada, da licitación e execución das obras, así como dos contratos de servizo accesorios para a dirección control e seguimento dos traballos.
“Un antes e un despois”
Pola súa banda, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, manifestou tamén a súa satisfacción por ver finalizados os trámites burocráticos para a sinatura do convenio que permitirá a nova estrada. A rexedora manifestou que a avenida que rodeará o Seixo é un proxecto no que o goberno local leva traballando anos, xa que “é unha actuación fundamental que vai cambiar a vila e que suporá un antes e un despois para o urbanismo e o casco urbano do concello”.
A nacionalista quixo destacar que a nova infraestrutura favorecerá o futuro crecemento urbanístico ordenado do casco urbano, a diferencia do que tivo sucedido “ata o de agora”, e tamén as características do vial, definido con criterios de mobilidade sustentable, segura e inclusiva, xa que contará cunha zona específica para o tránsito peonil e cicilista. “Esta nova avenida está pensada para as persoas, cun gran carril bici e espazo para camiñar, o que é moi importante para os veciños e veciñas”.