Destacada actuación de tres judokas de Tomiño no campionato galego junior Yohanna Dá Cuña alzouse coa medalla de bronce na categoría de menos de 48 Kg. e Adrian Romeu con outra, tamén de bronce, na categoría de -66Kg.

DÚAS MEDALLAS NO CPTO GALEGO JUNIOR DE JUDO

O pasado domingo celebrouse en Santiago o campionato galego junior de judo no cal participaban tres judokas do Concello de Tomiño.
Yohanna Dá Cuña alzouse coa medalla de bronce na categoría de menos de 48 Kg., unha deportista que leva anos sen baixarse do podium galego.
Outro tanto sucedeu con Adrian Romeu González, bolseiro no CGTD de Pontevedra, que conseguiu tamén a medalla de bronce en -66Kg., un peso complicadísimo cedendo só ante o campión.


Nerea Romeu consegue un sétimo posto na categoría de -57 Kg. a pesar de realizar moi boa competición pero hai que lembrar que esta judoka aínda pertence á categoría cadete e polo que amosou esta fin de semana, é unha seria candidata ao título.
Adrian viaxa a vindeira fin de semana a Valladolid para tentar clasificarse entre os tres mellores no sector oeste nacional (Galicia, Cantabria, Castela León e Asturias) e pasar así á final do Campionato de España Junior.
Dende a Concellería de Deportes do Concello de Tomiño, facemos chegar os nosos sinceiros parabéns aos tres judokas da nosa vila e desexámoslles moita sorte nas futuras competicións.