Destacada actuación dos atletas do Trega de Tomiño, que conseguiron nada menos que nove medallas esta fin de semana Entre os medallistas atopábanse varios tomiñeses, coma Amanda Martínez, Yeray Dacuña e Antía Rodríguez

INTENSO FIN DE SEMANA DE XUÑO, PARA O ATLETISMO TREGA DE TOMIÑO, RECADANDO 9 MEDALLAS NAS DIFERENTES COMPETICIÓNS DE PONTEVEDRA E A CORUÑA

Fin de semana moi intenso para os deportistas do club Atletismo Trega de Tomiño, que asistiu a varias competicións celebradas nas provincias de Pontevedra e A Coruña, en diferentes modalidades.

En xeral, os atletas tomiñeses obtiveron magníficos resultados, coma xa vén sendo habitual nos últimos meses.
A apertura estivo a cargo dos benxamíns Sub10 (Amanda Martínez, Yeray Dacuña, Aarón Dacuña, Martín Fernández), que nas pistas do Centro de Tecnificación de Pontevedra (Estadio da Mocidade), no Campionato Provincial de pista ao aire libre e fase final da provincia de Pontevedra (Xogos galegos deportistas en idade escolar), amosaron o seu bo nivel.

Na proba dos 1000ml feminino á tomiñesa AMANDA MARTÍNEZ, foi a primeira clasificada, cun tempo de 3’45”70, proclamándose Campiona Provincial 2019.
Outro destacado, foi o tomiñés YERAY DACUÑA, que fixo dobrete, nos 1000ml cun tempo de 3’37”42, converténdose en Subcampión Provincial, mellorando marca persoal e medalla de BRONCE, na proba de lanzamento de pelota 200gr, cun mellor lanzamento de 24,17cm.

Pola tarde competiron na Coruña, no XXXIII GRAN PREMIO INTERNACIONAL DE MARCHA CANTÓNS, trofeo SERGIO VÁZQUEZ, onde a marchadora guardesa MILU RODRÍGUEZ, participaría na distancia de 5km marcha en ruta, TROFEO JOSEFINA ROMEU, quedando 1ra clasificada na categoría master, o seu crono foi de 28’55”.

O domingo pola mañá asistiron ao CAMPIONATO PROVINCIAL DE XOGADE Sub14, onde o grupo estivo  integrado por Carla Rocha, Lara Álvarez, Carmen Magallanes, Lara Rodríguez, Antía Otero, Mara Romeu e Christian Sierpes.

O primeiro en participar sería o guardés CHRISTIAN SIERPES PEREIRA, proclamándose CAMPIÓN PROVINCIAL, 1er clasificado, na modalidade 2000 metros marcha ao aire libre, cun crono de 10’37”05.
A seguinte, con outro OURO, foi a guardesa MARA ROMEU VICENTE, nos 150ml (velocidade), proclamándose Campiona Provincial cun rexistro de 20”90 facendo marca persoal.

Nos 1000m obstáculos con ría, a rosaleira LARA RODRÍGUEZ MARTÍNEZ, quedou 2ª clasificada, proclamándose SUBCAMPIOA PROVINCIAL cun tempo de 4’04”27, facendo tamén marca persoal.
E por último a goianesa ANTÍA RODRÍGUEZ OTERO, fíxose coa medalla de chocolate nos 1000ml, parando o crono en 3’33”68, tamén mellorou marca mínima persoal e logrou o Subcampeonato co BRONCE.

En xornada de tarde, no XXIII CAMPIONATO DE GALICIA MASTER en Oleiros (A Coruña) ao aire libre, houbo un único representante do club, o guardés EDUARDO GARCÍA FERNÁNDEZ, que participou na proba de mediofondo, en 800m lisos, categoría master 40-45, quedando 2º clasificado cunha marca de 2’08”05 e proclamándose Subcampión Galego Master sub-40.
Dende a dirección do club fan chegar o seu agradecemento a todos os atletas e familiares, polo compromiso co club, tamén aos patrocinadores, socios e ao Concello de Tomiño.
Dende a Concellería de Deportes, fan chegar moitos parabéns a tod@s @s xoves atletas e adestradores.