banner-rosa-cobo

Dispoñible en aberto a charla-coloquio de Rosa Cobo Bedía: ‘A cuarta ola feminista: violencia sexual vs. educación igualitaria’ A socióloga recibiu este 25N da Delegación do Goberno o premio contra a Violencia de Xénero ao pensamento feminista 2020

Tomiño acolleu ao abeiro do 25N a charla-coloquio ‘A cuarta ola feminista: violencia sexual vs. educación igualitaria’, a cargo de Rosa Cobo. Cobo é doutora en Ciencias Políticas e Socioloxía, profesora titular de Socioloxía e directora do Centro de Estudos de Xénero e Feministas na Universidade da Coruña. Directora de Atlánticas, Revista Internacional de Estudos Feministas da mesma Universidade. Este 25N foi galardoada pola Delegación do Goberno co premio contra a Violencia de Xénero ao pensamento feminista 2020.

Nesta charla achegou a todas as persoas participantes á historia do pensamento feminista e aos logros acadados até a actualidade, na que ten uns dos seus exes fundamentais na loita contra a violencia sexual. Unha aproximación ao marco teórico necesario para unha reflexión sobre a sociedade que queremos construír, o xeito en que educamos a mozos e mozas e a necesidade dunha educación igualitaria para garantir a fin da violencia.

Entre outros, ten publicados os seguintes libros: ‘Fundamentos del patriarcado moderno. Jean Jacques Rousseau’ (Cátedra, 1995); ‘Interculturalidad, feminismo y educación’ (Libros de la Catarata, 2006); ‘Educar en la ciudadanía. Perspectivas feministas (Libros de la Catarata, 2008)’ o ‘Hacia una nueva política sexual’ (Libros de la Catarata, 2011). Sus últimos libros publicados son ‘La prostitución en el corazón del capitalismo’ (Libros de la Catarata, 2017); ‘La imaginación feminista. Debates y transformaciones disciplinares’ (Libros de la Catarata, 2019) y ‘Pornografía. El placer del poder’ (Ediciones B, 2020).

A realización deste coloquio está financiada con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdad, Secretaría de Estado de Igualdad y contra la Violencia de Género.