Dous integrantes do Consello da Infancia e Adolescencia “Voces Novas”, representan a Tomiño no IX Foro de Participación Infantil Parlamento de Galicia- UNICEF Javier Lluch (12 anos) e Laura Teixeira (11 anos) asistiron acompañados pola concelleira de Mocidade e Participación Infantil e a coordinadora do consello

Dous integrantes do Consello da Infancia e Adolescencia “Voces Novas” de Tomiño, representáronos hoxe no IX Foro de Participación Infantil Parlamento de Galicia- UNICEF. Javier Lluch (12 anos) e Laura Teixeira (11 anos) asistiron acompañados pola concelleira de Mocidade e Participación Infantil (Fátima Rodríguez) e a coordinadora Karina Bouzada.
“Viñemos hoxe aquí porque estamos sensibilizad@s coa problemática ambiental e porque nos preocupa que moitas persoas aínda non o estean”, dixo Javi na súa intervención como portavoz, na que se referiu ao cambio climático, á contaminación, ao mal uso da enerxía e dos demais recursos non renovables, á importancia de reciclar e de aforrar…
Ademais, comprometéronse a seguir traballando na concienciación da xente de Tomiño, mercar de forma consciente, usar botellas reutilizables e bolsas biodegradables; consumir produtos ecolóxicos e de proximidade, aforrar recursos naturais…
Moitos parabéns para Javi e Laura por esta lección de civismo e responsabilidade…e a seguir no bo camiño.