ELABORACIÓN DE MANTECAS CORPORAIS NATURAIS (3 horas)

Este obradoiro ofrece unha introdución teórico-práctica á elaboración artesanal de mantecas corporais naturais. As persoas participantes aprenderán a formular, fundir e emulsionar mantecas e aceites vexetais adaptados ás diferentes necesidades: peles mozas e infantís, peles deshidratadas, maduras ou con alteracións cutáneas. Serán entregados 2 tarros finais de manteca corporal por asistente.

Temporalización: 16 de maio
Horario: sábado, de 10.30h a 13.30h
Lugar: OMIX TOMIÑO.
PREZO: 25,00€

Inscripción