Elena Cañibano, Yohanna da Cuña e Brais Pereira, preseleccionados para o Campionato de España de Judo A primeira logra a medalla de ouro na Copa de España Junior, celebrada en Asturias esta fin de semana

Esta fin de semana os judokas tomiñeses do Club de Judo Baixo Miño participaron en actividades por partida doble, obtendo grandes resultados. Por un lado na Copa de España Junior, celebrada en Gijón participaba  ELENA CAÑIBANO, conseguindo a medalla de ouro en -57 kg. e colocándose coma número uno do ranking nacional.

Por otro lado, en Ferrol celebrouse o Campionato Galego Absoluto donde os resultados foron:

BRAIS PEREIRA, subcampión galego na categoría de -90kg.

YOHANNA DA CUÑA, medalla de bronce na categoría de -48 kg.

Asemade, os tres judocas foron seleccionados para participar no sector nacional oeste (Asturias,Cantabria,Galicia e Castela–León) de donde saen os tres mellores para participar na final do campionato de España.