En ciberseguridade cada clic conta A Aula CeMIT de Tomiño acolle unha formación de balde para adquirir materias dixitais en ciberseguridade

Dirixido principalmente a xente maior, o curso será o luns 22 de maio de 11.30 a 13.00 horas

Coñecendo o reto que supón para gran parte da poboación a avance da dixitalización e as barreiras que se poden atopar na vida cotiá, a Aula CeMIT acolle o curso de balde ‘O teu día a día en liña, con seguridade’, unha formación coa que se busca dotar de competencias dixitais en ciberseguridade a tomiñeses e tomiñesas.

O curso está dirixido principalmente ás persoas maiores e busca formar á veciñanza dun xeito fácil e práctico sobre os principais retos aos que están expostos e expostas no día a día no contexto da ciberseguridade e como afrontalos. A formación terá lugar o vindeiro luns 22 de maio de 11.30 a 13.00 horas.

As persoas interesadas en participar pode solicitar máis información e inscribirse a través do teléfono 986 62 33 04, no correo electrónico cemit.tomino@xunta.gal, na web da Aula CeMIT de Tomiño ou de forma presencial nas instalacións da aula no parque do Campo da Feira. O horario de apertura da aula é de 09.15 a 13.45 horas de luns a venres, ademais de martes   de 16.30 a 20.30 horas.