Formación impartida por Tamara, de Migallas Teatro.
O obxectivo desta actividade é estimular a imaxinación e a creatividade da infancia participante, fomentando o traballo colaborativo e mellorando os recursos expresivos e habilidades comunicativas.
Os nenos e nenas participantes serán introducidas no mundo teatral.
Nas aulas, eminentemente prácticas, estudaranse e traballaranse aspectos básicos da creación escénica, expresión dramática e oral, improvisación, movemento expresivo, ritmo e creación de personaxes. As ditas técnicas aplicaranse nas pezas teatrais que o alumnado representará a final de curso.
As clases comezarán o vindeiro 1 de outubro e serán impartidas todos os martes pola tarde no auditorio de Goián:
16.00h A 17.15h GRUPO DE MEDIANOS (DE 8 A 12 ANOS)
17,30h A 18.45h GRUPO DE PEQUENOS (DE 4 A 8 ANOS)
19.00h a 20.30h GRUPO DE MAIORES (+ 13 ANOS)