Escola de Teatro 2026/27

A “Escola Municipal de Teatro de Tomiño”, impartido por Migallas Teatro, é un programa de formación artística dirixido a nenas, nenos e adolescentes de idades comprendidas entre os 4 e os 18 anos.
 A finalidade desta actividade é contribuír á formación integral das nenas e nenos no seu sentido máis amplo, independentemente de que nun futuro poidan dedicarse profesionalmente ou non á expresión artística en calquera dos seus campos.

TEMPORALIZACIÓN:

Todos os martes pola tarde, en diferentes horarios dependendo dos grupos de idade, de outubro 2026 a xuño 2027 (15 prazas por grupo).

 

GRUPO de 4 a 8 anos: 17.30h a 18.45h.

GRUPO de 8 a 12 anos: 16h a 17.15h.

ADOLESCENTES DE + 13 ANOS: de 19h a 20.30h

LUGAR: Auditorio de Goián

Inscrición