Escola de teatro – Outubro 2019

Abre o prazo de inscrición para participar na Escola Municipal de Teatro

Impartidos por Migallas Teatro, o obxectivo desta actividade é introducir a todas as persoas interesadas no mundo teatral, “ao tempo que se estimula a imaxinación e as capacidades creativas, se fomenta o traballo en equipo e se melloran os recursos expresivos e comunicativos”.

 

Aulas eminentemente prácticas nas que se estudarán e traballarán aspectos básicos da creación escénica, como expresión dramática, improvisación, expresión oral, movemento expresivo, ritmo ou creación de personaxe, técnicas que se aplicarán nas pezas teatrais que o alumnado representará a final de curso.

 

As clases comezarán o vindeiro 5 de novembro e serán impartidas todos os martes polas tardes:

 

-> de 16.00 a 17.30 h o grupo de 9 a 12 anos

-> de 17.30 a 19.00 h o grupo de 4 a 8 anos;

-> de 19.00 a 20.30 h o grupo de 13 a 17 anos

-> de 20.30 a 22.00 h o grupo de adultos (a partir de 18 anos).

 

Todas as clases impartiranse no auditorio de Goián.

Formulario de inscrición