Escultura de vanguardia internacional na exposición da semana cultural de Estás, Tomiño Os escultores Nando Álvarez e Liliya Pobornikova, residentes en Tomiño e de gran proxección internacional, expoñen a súa obra na parroquia tomiñesa de Estás.

O vindeiro domingo inaugurase no Centro Social de Estás, Tomiño, a exposición dos escultores Nando Álvarez e Liliya Pobornikova.

Nando Álvarez é licenciado en Historia do Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Dende o 2003 participou en máis de 70 simposios internacionais de escultura en 21 paises. Traballa en bronce, madeira, aceiro e pedra. As súas obras monumentais atópanse en parques en Europa, América, Asia e África. Foi premiado en varios concursos en China, España e Irán.

O pasado mes de xullo participou no Festival Internacional de Escultura de Hualien, en Taiwan. 16 escultores de diversos lugares do mundo foron invitados para traballar nas súas obras, tras ser seleccionados entre centos de proxectos. Nando foi seleccionado para desenvolver a obra “Caracola” que xoga coas distintas posibilidades de interpretación das formas. Representa unha ola de mar que se pecha sobre se mesma formando a silueta dunha caracola.

Durante o mes de agosto Nando estará en China onde traballará en 3 obras públicas de gran tamaño nas cidades de Changchun, Qingdao e Tonghe.

Liliya Pobornikova formouse na National Academy of Art, en Sofía, especializándose na escultura en madeira. Forma parte da Unión de Artistas de Bulgaria. Participou en 99 simposios de escultura en Austria, Arxentina, Bulgaria, Brasil, China, Chipre, Dinamarca, Francia, Alemania, Xapón… Conta con varios premios polo seu traballos en simposios e competicións.

Liliya Pobornikova foi a artista elexida para o proxecto do “Carballo verde de Vilar” que na actualidade se atopa no núcleo de Tomiño.

Esta exposición supón unha grande oportunidade de desfrutar da obra destes magníficos artistas sen ter que desplazarnos miles de kilómetros. Arte e talento internacional accesible para todas as persoas interesadas. A exposición estará en Estás do 20 ao 27 de agosto.