Estás celebra a décima sexta edición da Festa da Bicicleta este domingo.

O Concello de Tomiño xunto coa Asociación Centro Social de Estás e a Asociación Deportiva Top Ten Sports organizan a décima sexta edición da Festa da Bicicleta. A volta pasará polas parroquias de Estás, Figueiró e Goián sendo o seu traxecto de 8 kilómetros.
A volta ten previsto un descanso no parque de San Roque (Goián) onde os organizadores avituallarán de augas aos participantes.
A inscripción é gratuita e será o mesmo domingo antes da saída que está prevista para as 11h30. Os participantes entrarán nun sorteo de 5 cascos e unha bicleta de adulto.
Ademáis, a Comisión da Festa da Peregrina celebra a tradicional Festa da Empanada no recinto da casa social.